Máis e mellor actividade física (MMAF)
SAÍDA ESPECIAL (O TÚNEL DE DONA URRACA E INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO)
Enviado por Anónimo o 11 Xuño, 2021 - 11:50PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”
O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:
1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.
Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.
2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.
Grupos de 5⁰ e 6⁰ curso
Preparando as piraguas no río.
Momento final de baño.
Chegada a Tui e inicio da ruta de Dona Urraca.
Pistas a localizar e descubrir pola cidade vella.
O noso cole sáe no Faro de Vigo
Enviado por Anónimo o 31 Marzo, 2020 - 14:00O pasado 4 de marzo, o Faro de Vigo no suplemento deportivo "Campeones", fixo unha reportaxe da nosa xornada especial adicada non só a práctica deportiva do campo a través, senon ao traballo da educación valores como a solidaridade, respeto, convivencia, ...
Lembremos que nesa xornada tivemos a sorte de recibir na nosa escola aos membros do equipo Kennel Den e coñecer o deporte do Mushing e as suas modalidades. Ademáis colaboraboramos unha vez máis coa protectora de animais Aloia de Tui, os cales montaron un posto de venda de cousiñas que as familias, nen@s e mestr@s mercamos. Tamén aproveitamos a ocasión para facerlle a entrega de todos os alimentos recaudados durante os días previos para os cans da protectora.
Por último celebramos a IV edición da nosa carreira de campo a través solidaria, na cal participou toda a comunidade educativa.
Sen dúbida unha gran experiencia.
4 meses facendo a milla diaria
Enviado por Anónimo o 4 Febreiro, 2020 - 15:47Xa levamos máis de 4 meses facendo a milla diaria con algúns cursos.
Tras non poder facela antes do nadal por causa das fortes chuvias e temporales, agora coa chegada do bo tempo xa estamos a tope coa milla cada día as 11.15 horas.
XORNADA ESPECIAL SOLIDARIA E DEPORTIVA
Enviado por Anónimo o 21 Xaneiro, 2020 - 00:45Este xoves 23 de Xaneiro imos organizar unha xornada moi especial. O programa vai ter as siguientes actividades:
1) As 10 h. imos ter a sorte dunha visita especial na nosa escola de varios deportistas do club Kennel Den de Mushing.
2) De 10 a 11 h. Tenemos 2 obradoiros sobre o Mushing e as duas modalidades: Canicros, Bikejoring, Patin, Triciclo, ...
3) As 11 h. Exhibición práctica cos cáns no torreiro da festa.
4) A partir das 12 h. III Carreira Solidaria en colaboración coa protectora Aloia de Tui.
Animádevos e participar e por favor non vos olvidedes de traer alimentos para os peludiños.
ESTUPENDA XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS EN TOMIÑO
Enviado por Anónimo o 27 Novembro, 2019 - 10:23Varios dos participantes do colexio.
Equipo alevín feminino.
O pasado 23 de novembro a AGRUPACIÓN DEPORTIVA BAIXO MIÑO organizou o campo a través zonal do Baixo Miño, no que houbo baixa participación con respecto a anos anteriores. Pero os participantes amosaron moita ilusión e entrega, en tódalas categorías.
Ao longo da mañá houbo momentos de choiva, sobre todo na categoría de infantil femenino, pero non foi impedimento para o desenvovlemento da proba.
Destacar o gran esforzo e auto superación de cada nen@ durantes as carreiras. Estamos moi orgullosos de tod@s, pola participación, a convivencia e o compañerismo, valores moi importantes.
Neste ano conseguiron 1 premio un equipo e 6 medallas:
1- Trofeo de Sub campeoas o equipo Infantil Femenino (Alejandra Cabaleiro, Kholoud Rouchdi, Mayra Vila, Houda El Jabraoui, Wian Cherti e Uxía Fdez.)
1- Lorena Vaz (medalla de ouro na categoría benxamín feminina).
2- Taha Rouchdi (medalla de prata na categoriá benxamín masculino).
3- Alejandra Cabaleiro, Kholoud Rouchdi, Alejandro Vila e Saula Rocha tamén gañaron varios medallas)
Polo demais, todo saíu perfecto, e o chocolate estivo delicioso.
Agradecer a AGRUDEBAM, aos mestr@s voluntarios, ANPAS, ao concello de Tomiño e ao servizo de deportes pola súa colaboración. Tamén ao CEP Pedro Caselles Beltrán, por ceder as súas instalacións.
CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR EN HORARIO LECTIVO TOMIÑO 2019
Enviado por Anónimo o 12 Novembro, 2019 - 13:21
CIRCUITO PARA AS CLASES DE 2º E 3º DE ED. PRIMARIA.
Boas tardes familias;
O próximo venres 15 de novembro imos participar na carreira de campo a través escolar en horario lectivo (9 -14 horas) co resto de colexios do Baixo Miño. Este ano vai ser nas instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño.
Participamos coa totalidade do alumnado das clases de 2º, 3º e 4º de primaria. A filosofía desta carreira e premiar o esforzo da clase enteira xa que van correr e puntuaran como un “equipo”.
CIRCUITO PARA 4º ED, PRIMARIA
Por outra parte ese día haberá clases normais salvo o rato que viaxemos no autobús gratis que subvenciona a Xunta de Galicia no programa Xogade (deporte en idade escolar).
MOI IMPORTANTE
- Levar unhas zapatillas deportivas que agarren ben (que a sola non este moi desgastada), calcetín alto, pantalón curto ou malla de correr, a “camiseta e o chandal do colexio” no caso de telo.
- Levar unha mochila coa merenda e auga pequena ecunha muda completa (camiseta, roupa interior, toalla pequena, ...), por si fai falta cambiarse ao rematar a carreira. Xa que pode chover ou estar parte do circuíto mollado.
As familias que queiran ver as carreiras poden ir sen problema ata o CEP Pedro Caselles.
Máis información nas seguintes páxinas web:
https://www.agrudebam.es/horario-lectivo/campo-a-traves-horario-lectivo/
AS NOSAS CARREIRAS SERAN O VENRES E NON O XOVES POR MOR DA CHUVIA.
Orientación Deportiva en Familia
Enviado por Anónimo o 21 Outubro, 2019 - 23:56Intres previos a saída da proba de Tui
Mapa da proba de Orientación en Tui
PATIOS ACTIVOS 2019-2020
Enviado por Anónimo o 21 Outubro, 2019 - 20:32Cartel das zonas de xogos.
Bádminton e Floorball no pavillón.
Voleibol e Fútbol Sala
Inicio da Milla Diaria
Enviado por Anónimo o 8 Outubro, 2019 - 17:57Hoxe comezamos co programa da Milla Diaria (1606 metros). As clases de quinto, cuarto, primeiro e os grupos de infantil (3, 4 e 5 anos) sairon as 11.15 ao recinto do torreiro para percorrer unha milla dando 3 voltas grandes.
Uns foron a trote e otros camiñando un pouco, o mais importante e que foron uns minutos divertidos e activos. Bravo alumnado e profes participantes. Mañán máis.
II CARREIRA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA EUROCIDADE
Enviado por Anónimo o 7 Outubro, 2019 - 21:57O próximo domingo 13 de octubre vaise organizar a segunda carreira de Orientación Deportiva. Unha boa oportunidade para facer deporte en familia dun xeito divertido.
Animádevos a participar cos vosos fill@s. Lembrar que hai límite de inscrición ata o xoves10.
SEMANA E DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR
Enviado por Anónimo o 7 Outubro, 2019 - 13:02O venres 27 de setembro celebramos o día europeo do deporte escolar na nosa escola. Ademais durante toda a semana xogamos e fixemos diferentes actividades físicas e promocións deportivas.
Equipo Deporte Escolar 2019/2020
Enviado por Anónimo o 13 Septembro, 2019 - 09:49Benvid@s a novo curso escolar 2019/2020.
O pasado martes 3 de setembro quedou establecido no primeiro claustro o equipo que se vai a encargar de coordinar o deporte escolar e o PDC "Guillarei activo e saudable" do noso colexio.
Concepción Rguez. Cibeira, Mª del Pilar Durán Otero, Fernando Domínguez Sobral e Víctor Rguez. Quintas.
Ademáis esperamos contar coa colaboración activa de todo o claustro nos diferentes programas e actividades que intentaremos levar adiante.
Moita enerxía e sorte a tod@s.
Acrosport na escola 2019
Enviado por Anónimo o 13 Septembro, 2019 - 09:26Xuntar creatividade e arte, pode ser un resumo curto do traballo feito polo alumnado de 6º e 5º nas unidades didácticas de "Acrosport".
PANEL INFORMATIVO DO PROXECTO
Enviado por Anónimo o 12 Septembro, 2019 - 13:07Diferentes programas que se desenvolveron no curso 2018/2019
A nosa mascota "Guillasport" que nos acompaña nas probas deportivas e xogos.
DAFIS 2019
Enviado por Anónimo o 11 Septembro, 2019 - 13:58- DAFIS, no ámbito educativo escolar, é un protocolo de valoración da Condición Física (CF) relacionada coa saúde que pode utilizar o profesorado de E.F. e o seu alumnado (baixo supervisión).
- Inclúe unha batería multicompoñente da CF. Todas as probas de CF cumpren os criterios de validez, fiabilidade, economía de aplicación e sustentabilidade.
- Os seus resultados poden compararse con valores criterio (puntos de corte) ou con valores normativos (percentís poboacionais). * criterio: IMC / Course navete (resistencia cardiovascular).
O resultado obtido xa ten un valor en si mesmo. * norma: resto de probas (establece un valor en función da mediana existente na plataforma para a mesma idade e sexo no momento de realizar as probas.
- Os resultados introdúcense nunha plataforma web, construída ad-hoc, que os avalía de forma automática e emite diferentes informes. - No ano 2018, DAFIS foi seleccionada pola oficina europea da OMS como mellor exemplo de boas prácticas en España para a promoción da actividade física no ámbito escolar.
Flexibilidade
A totalidade do alumnado do colexio por terceiro ano consecutivo participa no programa DAFIS sobre a valoración da condición física e o control de varios parámetros de saúde.
Salto de lonxitude
Proba de forza isométrica co dinamómetro manual