Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

PROGRAMA DE ALERTA ESCOLAR

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a poñer en marcha, coma outros anos, o Programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.

Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico que conte con coñecementos dos nenos e nenas con esta problemática.

As patoloxías que se poden incluir no programa son: Epilepsia, Hipoglicemia (diabetes) e Shock Anafiláctico producido por algún tipo de reacción alérxica.

Para ver máis información na páxina da Consellería de Educación.

IMPRESO MODELO DE SOLICITUDE NA SECRETARÍA DO CENTRO

 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO ADQUIRIDOS CON CARGO ÁS AXUDAS

Recordámosvos que o alumnado beneficiario das axudas para libros de texto para o curso 2015/16 ten a abriga de devolvelos no mes de xuño, agás o alumnado de 1º e 2º de educación primaria. É necesario que estén en bo estado de conservación para que poidan ser reutilizados.

Non devolver os libros ou a entrega en mal estado dos mesmos será causa de exclusión para o fondo solidario de libros convocada para o vindeiro curso académico 2016-17.

Agradecémos a vosa colaboración.

Un  cordial saúdo.

A DIRECCIÓN

AVISO: Erro no ISBN do libro de Lingua Castelá de 6º de Educación Primaria

Advertiuse un erro no libro de Lingua Castelá de 6º de Educación Primaria.

O correcto é:

978-84-698-0652-4

Desculpen as molestias.

Cambio de opción de Relixión a Atención Educativa

Os/as alumnos/as que desexen cambiar de opción deberán solicitalo na Secretaría do 1 ao 12 de xuño.

Ao inicio do vindeiro curso académico poderán manifestar de novo a súa vontade de cambio segundo o establecido na Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

Para unha mellor organización do centro prégase que nos informen en xuño.

 

Poden descargar o impreso de cambio de opción a continuación (Adxunto)

 

 

4 de Maio día non lectivo

O vindeiro luns 4 de Maio é día non lectivo no noso centro.

Asi mesmo aproveitamos para lembrarlles que o curso académico 2015/16  rematará o 19 de Xuño, e que a entrega de boletíns está prevista para o 18 de Xuño.

Axudas municipais para comedor, libros e material escolar

Máis información na páxina web do concello de Vigo: http://hoxe.vigo.org/

Día mundial da radio 2015

O día mundial da radio celébrase o 13 de febreiro, e por ese motivo hoxe damos o pistoletazo de salida a nova radio escolar do noso colexio.

Todos os meses poderedes escoitar un novo programa sobre toda a actualidade do noso colexio. Vos esperamos. Non cambiades de dial e escoitade a radio do cole: RADIO GARCÍA BARBÓN

 http://radiogarciabarbon.blogspot.com.es/

Días de portas abertas

Os días de portas abertas para poder visitar o centro serán os martes 3 e 10 de Marzo ás 18:00.

Proceso de admisión

O proceso de admisión de alumnado para o C.E.I.P. García Barbón para o vindeiro curso 2015-2016 será do 1 ao 20 de Marzo.

Máis información na Secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut