Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Entroido 2018

O centro informa de que se non chove faremos o desfile tal e como estaba previsto, ás 12:15 na cancha de fútbol.

 

Un saúdo.

 

A dirección

FESTA DO ENTROIDO

O venres día 9 de febreiro celebraremos o entroido.

O acto celebrarase no patio (campo de fútbol) se o tempo o permite. Se non fose posible será no pavillón do centro e non poderán asistir as familias.

O acto comezará ás 12:15, pero as portas estarán abertas 5 minutos antes. Os asistentes deberán colocarse nos laterais da pista de fútbol, que estará marcada cunhas cintas.

Lembramos:

Non se poden facer fotos aos alumnos/as xa que non todos teñen autorización para saír nelas. Se alguén as fai será baixo a súa responsabilidade, quedando o centro libre de posibles actuacións.

A duración aproximada do acto será de 40 minutos.

Grazas pola colaboración.

A dirección

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O martes 27 de febreiro e o 6 de marzo realizaremos as xornadas de portas abertas. As familias poderedes visitar as instalacións, coñecer os prazos e procedemento de admisión, etc. Comezaremos cunha charla na biblioteca, situada no segundo andar, ás 17:30. Cómpre anotarse con antelación, chamando ao 886 111 087.

A dirección

 

DÍA DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro celebraremos no noso centro o Día da Paz. A festa comezará ás 13:00. Os asistentes colocaranse nos laterais da pista de fútbol e na parte alta do campo de brilé. As portas abriranse cinco minutos antes.

Lembramos que non se poden tomar imaxes por non telo autorizado todos os rapaces.

 

A dirección.

FORMACIÓN: ATENCIÓN A URXENCIAS SANITARIAS

A Consellería ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación  desenvolverase no CFR de Vigo (Camiño do Chouzo nº 2, edificio do IME) os días 19 e 26 de febreiro, e 5 de marzo en horario de 16:30 a 19:30.
Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Vigo 986202370 ata o día 9 de febreiro. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 20 prazas.

 

Boas festas a toda a comunidade educativa do C.E.I.P. García Barbón

Boas festas e vémonos o luns 8 de xaneiro de 2018!!!

FIN DAS OBRAS

Finalizada a obra de substitución da carpintería de aluminio da fachada principal do colexio queremos agradecer ás familias a súa colaboración co centro e comprensión debido ás molestias que estas poidesen ocasionar. 

Esta nova carpintería supón unha mellora substancial no aislamento térmico e acústico do edificio, que repercute positivamente no benestar do alumnado. 

 

Un saúdo

 

A dirección

Robótica e programación no noso cole

A robótica e programación trabállase no colexio en diferentes ámbitos. Por unha banda en Educación Infantil as nosas nenas e nenos desenvolven proxectos máis sinxelos mentres que en Educación Primaria estes proxectos se complican un pouco máis pero disfrutando profesorado e alumnado deste novo mundo educativo.

Por outro lado, dende a ANPA ofertouse esta actividade como actividade extraescolar cunha gran aceptación e éxito entre o noso alumnado.

A semana da música no C.E.I.P. García Barbón

O día 22 de novembro celébrase no mundo enteiro Santa Cecilia, patroa da música. No ano 1594, o papa Gregorio XIII a nomeou patroa dos músicos, e así segue sendo ata hoxe. 

No noso cole non só o celebramos un día, senon que lle dedicamos toda unha semana. Os alumnos e alumnas de conservatorio tocan os seus instrumentos no cole (ata 15 diferentes) para motivar aos demais e superar a súa timidez para tocar en grupo.

Os pequerrechos de 1º e 2º de primaria aportaron varios e diferentes instrumentos inventados por eles mesmos coa axuda das familias.

Nas clases de música foi un día moi especial xa que cada persoa cantou as súas cancións preferidas, bailou, tocou o seu instrumento favorito que temos dentro da aula, etc.

Moitas grazas á profe de música Fran e a toda a comunidade educativa por participar neste proxecto educativo chamado "A semana da música".

 

 

Obras no colexio

Mañá venres 10 de novembro iniciaranse as obras de substitución da carpintería de aluminio da fachada principal do centro. Esta obra realizarase todos os días en horario de tarde.

Por motivos de seguridade a porta principal do edificio pecharase a partir das 14:15, polo que o acceso a este farase pola porta lateral.

Recordamos ás familias que está prohibida a permanencia no recinto escolar antes das 8:45 e despois das 14:15, a non ser que se estea facendo uso da aula matinal, comedor ou das actividades extraescolares

 

Distribuir contido


by Dr. Radut