Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

PROGRAMA "COEDUCANDO NA BARXA"

 

Estimadas familias

O vindeiro mércores 30 de outubro levarase a cabo o primeiro "Obradoiro de educación afectivo- sexual" para familias e profesorado. O comezo será ás 16:30 e contarase cun servizo de ludoteca, gratuíto, para o cal hai que facer unha inscrición previa. 

Agardámosvos a todos!

A dirección.

 

 

 

SAMAÍN 2019

Estimadas familias.

Informamos que o alumnado poderá vir disfrazado ás aulas o mércores 30 de outubro. Os disfraces serán, preferentemente, elaborados polos nenos con materiais de refugallo, etc. Os rapaces/as virán con eles postos dende casa e, no caso de coincidir con sesión de educación física, deben ser cómodos ou fáciles de sacar. Evitarase que conteñan complementos perigosos para o resto da comunidade educativa.

Aproveitamos para recordarlles que o día 31 de outubro e 1 de novembro son "non lectivos".

Un saúdo.

A dirección.

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS PARA AS FAMILIAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA

Achegamos como arquivo adxunto o Power Point no que se explica o procedemento para rexistrar ao alumnado na plataforma dixital NAVIO.

Nel aparece detallado, paso a paso, o proceso de inscrición. Se teñen algunha dúbida poden contactar coas profesoras. Recordamos que para facelo necesitan introducir o código que aparece no libro de texto NEW TIGER. 

 

PROGRAMA DE AUXILIARES DE CONVERSA

 

Informamos ás familias do centro que este curso vamos participar no "Programa de Auxiliares de Conversa" da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. O Programa posibilita a práctica da conversa oral, proporciona un modelo de corrección lingüística e achega ao alumnado e profesorado á cultura do país de orixe deste. 

Isto quere dicir que ao longo do curso escolar 2019/20 contaremos coa colaboración dunha auxiliar de conversa estadounidense nas nosas aulas de primaria, de xeito que o alumnado poderá mellorar a competencia en lingua inglesa.

O seu labor será apoiar as actividades programadas polo profesorado do centro, facilitando que as/os estudantes practiquen, cunha persoa nativa, o idioma que están a aprender. Deste xeito acadarán un desenvolvemento máis eficaz das súas competencias comunicativas e lingüísticas. 

Un saúdo

A dirección

IV XORNADAS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN

Achegamos información das IV XORNADAS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN que terán lugar o vindeiro sábado 19 de outubro de 9:30 a 14:00 horas no IME (Camiño do Chouzo nº 2).

Esta actividade está orientada ás familias, a profesionais de educación...

Para facilitar a asistencia contarán con servizo de ludoteca e de intérprete en lingua de signos.

Poden consultar máis información nos documentos que se achegan.

 

SEMANA POLO CLIMA 20-27 SETEMBRO 2019

O CEIP García Barbón únese ás movilizacións polo clima que se van celebrar a vindeira semana en todo o mundo.

A Semana polo Clima comezará o luns cun minuto de silencio polo noso planeta ás 9 da mañá no patio. Familias, profesorado e alumnado unidos por unha nobre causa: salvar ao planeta Terra.

O martes toda a comunidade educativa levará unha camiseta verde ao cole.

O mércores producirase un visionado nas aulas de documentais ou curtametraxes relacionados co medio ambiente.

O xoves elaboraranse carteis polo clima nas aulas que serán empregados o venres nun parón no recreo amosando as nosas creacións artísticas.

OBRAS NO CEIP GARCÍA BARBÓN

Informamos ás familias que, por mor das obras, non se pode acceder ao centro escolar. Para calquera trámite de secretaría chamen ao teléfono do colexio: 886 111 087.

A reunión de pais de alumnos de 3º de educación infantil mantense para o venres 6 de setembro ás 10 da mañá.

Tamén se mantén a entrega de "fondo solidario de libros de texto" para o venres día 6 de setembro de 12 a 14 horas.

Recordamos tamén que as clases comezan o 11 de setembro.

A dirección

LISTAXES FONDO LIBROS E VALES PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Poden consultar as listaxes definitivas de axudas concedidas para a adquisición de libros de texto (alumnado de 1º e 2º de E. primaria) e material escolar (1º a 6º de educación primaria) descargando os arquivos adxuntos.  Poden consultar tamén a listaxe de "fondo solidario de libros de texto" para alumnado de 3º a 6º de primaria, descargando o adxunto ou na corticeira do centro.

NOTA: Achégase listado de establecementos nos que poden canxear os vales de material escolar.

Un saúdo

A dirección

Listaxe provisional FONDO LIBROS

Poden descargar as listaxes provisionais de axudas do Fondo libros (3º a 6º de EP), das axudas para libros de texto (1º e 2º de EP)  e material escolar (Educación infantil e primaria).

Reclamacións ás listaxes ata o venres 5 de xullo, na secretaría do centro, de 9:00 a 14:00.

Listaxes definitivas o luns 8 de Xullo.

Un saúdo

A dirección

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2019-2020

 

Informamos que a partir de mañá xa poden solicitar cita previa no teléfono do concello:  010 ou 986 810 260, para entregar as solicitudes de axudas de comedor (para alumnado de educación infantil e primaria) e para libros de texto e material escolar (só para alumnado de educación infantil).

O prazo para entregalas é do 3 ao 31 de xullo, ambos incluídos.

Máis información: https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=3709&lang=ga

 

Un saúdo

A direccion

Distribuir contido


by Dr. Radut