Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

 

Informamos ás familias de que tan pronto recibamos instrucións por parte da Consellería serán informados sobre a suspensión das actividades lectivas e extraescolares. Esta información publicarase a través da aplicación abalarmóbil e no taboleiro exterior do centro. 

Un saúdo

A Dirección

ADMISIÓN ALUMNADO. CURSO 2020- 2021

 

 POSTOS ESCOLARES OFERTADOS.

4º Inf

5º Inf

6º Inf

1º Prim

2º Prim

3º Prim

4º Prim

5º Prim

6º Prim

44 + 6 NEAE*

0

0

0

0

0

2

0

0

 *Inicialmente reservados para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (atendendo ao disposto no artigo 3º.2 da Orde do 12 de marzo de 2013).

 ** fe de erratas: As dúas prazas de primaria corresponden a cuarto de primaria.

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA.

Presentación da solicitude de admisión

1 ao 20 de marzo na aplicación/23 de marzo no centro

Presentación listaxe provisional

O 25 de marzo

No caso de haber máis solicitudes que prazas:

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

 

do 26 de marzo ao 8 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

antes 25 de abril

Reclamacións ás listaxes (5 días hábiles despois da publicación destas)

Do 27 de abril ao 1 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

do 20 ao 30 de xuño

 

PROCEDEMENTO PARA CUBRIR A SOLICITUDE

 Pódese facer a través dun dos seguintes procedementos:

1.- Cubrindo e entregando no centro de primeira opción o impreso que está a súa disposición na citada aplicación ou na secretaría do centro.

 2.-. A través da aplicación <admisionalumnado>

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Cubren o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión. Feito eso poden optar por:

  • Cubrir e imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que queren matricular ao seu fillo ou filla en primeira opción.
  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación.

 CONSULTA DO ESTADO DAS SOLICITUDES

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:

 -      A través da aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

PUNTUACIÓN NO BAREMO

Se o número de solicitudes é superior ao de prazas dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios:

  • Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro: 8 puntos polo primeira/o e 2 puntos por cada unha/un dos restantes
  • Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro: 3 puntos
  • Proximidade do centro ao domicilio familiar:

             a) área de influencia 6 puntos
             b) área limítrofe á área de influencia 3 puntos.

  • Proximidade ao lugar de traballo dos proxenitores ou titores:

             a) área de influencia 4 puntos
             b) área limítrofe á área de influencia 2 puntos.

  • Renda anual per cápita da unidade familiar, respecto ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM):

                   a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
                   b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
                   c) Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto.
                   d) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

  • Condición de familia numerosa: Por pertencer a familia numerosa de categoría especial: 3 puntos e por pertenza a familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.

  • Condición de familia monoparental: 2 puntos
  • Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en calquera dos seus proxenitores, titores, irmás ou irmáns: 

                      a) Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.
                      b) Por discapacidade dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.
                       c) Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.

  • Criterio establecido por cada centro educativo (solicitar un centro público): 1 punto

Poden consultar toda a información descargando o arquivo adxunto.

 

A dirección

 

XORNADA PARA AS FAMILIAS NO IES ROSAIS 2

O IES Rosais 2 organiza unha xornada de portas abertas para as familias daqueles alumnos que estean interesadas en coñecer o seu centro. Realizarase o día 12 de febreiro ás 19:00.

Achegamos como arquivo adxunto a invitación do IES e a circular informativa do noso centro na cal se informa do proceso de reserva de praza para este centro, ao cal que estamos adscritos.

Xornadas de portas abertas

Xa poden apuntarse ás xornadas de portas abertas. Para unha axeitada organización é necesario inscribirse chamando ao teléfono 886 111 087.

FOLGA 12 DE DECEMBRO DE 2019

Segundo a Orde do 28 de novembro de 2019, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 12 de decembro de 2019, establécense os seguintes servizos mínimos:

Directora: Vanesa Rodríguez Araújo

 

Un saúdo

 

A dirección

Xornada " Como Previr, Detectar e Intervir na Violencia de Xénero"

 Rede de Mulleres convidan ás familias dos estudantes á Xornada " Como Previr, Detectar e Intervir na Violencia de Xénero". Esta charla pretende acadar unha maior sensibilización contra as violencias machistas, comprender os procesos que a sustentan e como a educación temperá cos cativos e cativas e cos adolescentes é a principal ferramenta para erradicala. 

Esta Xornada realizarase o venres día 29 de novembro de 10 a 13 horas .
 
Podedes inscribirvos nos seguintes teléfonos: 986 22 23 28 // 670 453 431 ou no correo redemediadorasvigo@gmail.com
 

PROGRAMA "COEDUCANDO NA BARXA"

 

Estimadas familias

O vindeiro mércores 30 de outubro levarase a cabo o primeiro "Obradoiro de educación afectivo- sexual" para familias e profesorado. O comezo será ás 16:30 e contarase cun servizo de ludoteca, gratuíto, para o cal hai que facer unha inscrición previa. 

Agardámosvos a todos!

A dirección.

 

 

 

SAMAÍN 2019

Estimadas familias.

Informamos que o alumnado poderá vir disfrazado ás aulas o mércores 30 de outubro. Os disfraces serán, preferentemente, elaborados polos nenos con materiais de refugallo, etc. Os rapaces/as virán con eles postos dende casa e, no caso de coincidir con sesión de educación física, deben ser cómodos ou fáciles de sacar. Evitarase que conteñan complementos perigosos para o resto da comunidade educativa.

Aproveitamos para recordarlles que o día 31 de outubro e 1 de novembro son "non lectivos".

Un saúdo.

A dirección.

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS PARA AS FAMILIAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA

Achegamos como arquivo adxunto o Power Point no que se explica o procedemento para rexistrar ao alumnado na plataforma dixital NAVIO.

Nel aparece detallado, paso a paso, o proceso de inscrición. Se teñen algunha dúbida poden contactar coas profesoras. Recordamos que para facelo necesitan introducir o código que aparece no libro de texto NEW TIGER. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut