Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Publicación listaxes fondo de libros 2021-22

Trasladámosvos as datas de interese con respecto ao Fonfo de Libros:

 

  • PUBLICACIÓN DE LISTADOS PROVISIONAIS5 de xullo
  • PERIODO DE RECLAMACIÓNS AO LISTADO PROVISIONAL: 6, 7 de xullo
  • PUBLICACIÓN DE LISTADOS DEFINITIVOS: 9 de xullo
  • ENTREGA DE VALES: 12,13 e 14 de xullo

VARIAS CONSIDERACIÓNS 

  • As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes ao da publicación da listaxe provisional; o centro deberá resolver e gravar as reclamacións na aplicación fondolibros
  • A publicación dos listados, tanto provisionais como definitivos, estarán  dispoñibles no taboleiro de anuncios do interior do centro
  • Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

ENTREGA DOS VALES

 

  • A entrega dos vales   dos libros de 1º e 2º e os de material escolar farase entre as 09 e as 13 horas nas datas establecidas. E logo a partir do día 1 de setembro
  • A entrega dos vales farase exclusivamente á persoa titular da solicitude, de non ser posible deberá achegarse autorización escrita e copia do DNI das persoas titular e autorizada.
  • Pregamos que a recollida se faga tomando as medidas preventivas oportunas.
  • Os libros de texto de 3º e 4º entregarémolos no mes de setembro ao igual cos vales non recollidos no mes de xullo

Conseguímolo!!!

 

Chegamos ao final deste curso tan atípico e quixemos facelo do mesmo xeito que o empezamos, con alegría.

Hoxe foi día de sorpresas, xogos, risas e algunha que outra bágoa o despedirnos dos amigos.

Aquí vos deixamos unha mostra da festa de curso.

 

Feliz verán! Vémonos en setembro!

 

Formalización de matrícula para o curso 2021-22

A formalización do proceso de matriculación para o curso 2021-22 comeza o día 21 e remata o 30 de xuño. É

PRECISO SOLICITAR CITA PREVIA CHAMANDO AO TELÉFONO 886111087

Documentación a presentar

  • Dúas fotografías do alumno/a tamaño carné
  • Fotocopoia da tarxeta de prestación sanitaria
  • Fotocopia da Cartilla de Saúde Infantil
  • Documentación complemetaria

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

  • Prazo: do 21 de maio ao 22 de xuño
  • Cita previa: Para a entrega de documentación e calquera acción relacionada con este proceso é necesario pedir cita previa no centro, chamando ao teléfono: 886 111087
  • Resumo da orde do 6 de maio

  

Listaxe definitiva de admitidos e admitidas curso 2021/22

 

Dende hoxe están expostos no taboleiro de anuncios do colexio o listado definitifo de alumnos e alumnas admitidos  para o curso 2021/22

Prazo para a formalización da matrícula:20-30  de xuño.

No mes de Xuño publicaremos na web a relación de documentación a presentar así como se vai a levar a cabo o proceso

Campamento de Verán 2021-ANPA

Achegamos a información que nos trasladou a ANPA do Ceip García Barbón sobre o campamento de verán a desenrolar no centro. Enlazamos o seu blog onde tendes información moi detallada sobre o desenrolo do mesmo datas, horario, tarifas e condicións), o modo de facer a reserva de praza e formas de contacto para resolver dúbidas. 

Lembrade descargar o documento PDF que contén as datas, actividades, horario, tarifas e condicións.

ANPA CEIP García Barbón

Mes da saúde

Este terceiro trimestre inicíamolo cunha conmemoración moi importante, o día da saúde, polo que o 7 de abril, día de dita celebración, todo o cole se volcou a traballar por unha vida máis saudable, consumo de froita facer exercicio... e máis aspectos que os nenos e nenas do cole García Barbón teñen moi claros xa que que coma di o slogan do noso proxecto de centro deste curso “Saúde e Ciencia son tendencia”. E para que a ningún se lle olvide cantámolo a ritmo de rap. Se queredes ver un resumo do traballo tédelo aquí.

 

  

21 días en galego

Este último trimestre, neste curso académico tan diferente, queremos rematalo cunha actividade complementaria moi especial: Amosando o noso cariño pola lingua galega. Todas e todos nos sentimos profundamente orgullosas e orgullosos das nosas praias, dos nosos montes, das nosas vilas e aldeas e, como non: da nosa lingua. Este idioma que nos fai diferentes ao resto. 

Coa finalidade de promover o galego dende o seu emprego en moitas situacións cotiás e, para moitas tarefas diferentes, fixemos unha programación de " 21 días en galego" propondo ao conxunto da comunidade escolar actividades relacionadas coa música, coa lectura, co arte, coa autora homenaxeada no Día das Letras Galegas...

Aproveitamos esta entrada para amosar o noso agradecemento ás persoas que desinteresadamente participarán connosco ao longo deste proxecto. Gardamos os seus nomes no peto para nos sigades no blog (ACCESO A LARENDO NO BARBÓN) e os descubrades facendo este camiño con nós!

 

 

ENQUISA DIAGNOSE CONVIVENCIA 2021

Onte os seus fillos/as levaron unha carta con instrucións  para participar na enquisa de diagnose que nos remitiu a Consellería, que permitiran identificar aspectos a mellorar na xestión da convivencia e da resolución de conflitos nos centros educativos.

É unha enquisa anónima e para acceder a mesma deben introducir a clave suminsitrada na seguinte ligazón (familias). O alumnado de 5º  e 6º tamén pode participar en dita enquisa coa clave que lle foi suministrada acedendo por esta ligazón

A enquisa remata o 29 de abril.

Distribuir contido


by Dr. Radut