Gretel
Os nenos e nenas de clase de 6º de Educación Infantil, estivemos moi atarefados ao longo de todo o 2º trimestre.
Unha das actividades centrais foi a realización dunha obra de títeres.
Decicimos representar unha que xa moitos/as coñeciamos: "Hansel e Gretel".
O que nos motivou a comezar con esta actividade foi que os compañeiros/as de 6º de Educación Primaria nos fixeron a nós unha específica sobre os "elefantes" (tema que traballamos no 1º trimestre).
Tivemos que ensaiar moito e concentrarnos para que nos saise perfecto o día en que llo mostraramos aos nosos compañeiros/as.
E pensamos que nos saiu bastante ben!!!
Mirade as fotos dos ensaios e dos diferentes pases aos que asistiron todos os nenos/as do colexio!!!