Este mes de novembro estivemos a traballar aspectos da alimentación das baleas. Sabemos que podemos atopar dous tipos de baleas:
-Baleas con barbas, como a balea azul (Marina) que se alimenta de Kril e pequenos peixes e mosluscos. A través das barbas filtra a auga para tomar o alimento.
-Baleas con dentes como a Orca ou o cachalote. Estas baleas comen presas máis grandes como leóns mariños, focas, calamares xigantes ou peixes grandes.
Entre todos fixemos este mural.