Coa visita deste científico aprendemos moitas cousas do noso sistema dixestivo!. Tamén sabemos que o lobo, o elefante e a balea son mamíferos e teñen un sistema dixestivo similar ó noso. Ó longo do mes de novembro iremos aplicando o aprendido co científico ó sistema dixestivo destes animais.
O científico trouxo consigo un robot chamado Robi que nos foi explicando como é a nosa dixestión.
O proceso dixestivo comeza na boca, cando comemos e masticamos os alimentos mesturados coa saliva.