letrasgalegas
TELEXORNAL SOBRE CARVALHO CALERO
Malia o adiamento das iniciativas propostas pola RAG e a suspensión das aulas pola crise do COVID - 19, os centros de ensino continúan coa súa actividade dende as casas.
Durante esta semana, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, compartiremos con vos estas iniciativas.
Aquí podedes ver o telexornal adicado á Carvalho Calero, elaborado polo CPI dos Dice (Rois):
LETRAS GALEGAS 2016
Co gaio da celebración das Letras Galegas no noso centro, foron moitas as actividades que fixemos para homenaxear a Manuel María!!
Visitounos Manuel de Paderne e deleitounos con versos de Manuel María!!
Interpretamos "Caracol, caracoleiro" (interpretada por Suso Vaamonde e con letra do poema do autor homenaxeado) e uns compañeiros/as e grandes artistas tocaron e cantaron en galego!!