LETRAS GALEGAS 2019
Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, recordando a figura de Antonio Fraguas. Asimesmo, contamos coa visita dunha das grandes regueifeiras de Bergantiños, Guadalupe Blanco, que axudou ao noso alumnado a crear as súas primeiras coplas populares galegas. Velaquí algunhas imaxes da actividade.
Nas vindeiras horas colgaremos os vídeos do obradoiro con Lupe Blanco, onde poderedes comprobar tanto o proceso de creación das regueifas do alumnado de Sofán, coma das diferentes improvisacións coas que Lupe nos sorprendeu. Ata tocaron muiñeira e rapearon regueifa!!! Non deixedes de velos.
Clicando AQUÍ podedes ver o recital que fixemos no colexio para celebrar o día da Poesía.
Tamén o podedes ver accedendo á nosa canle de Youtube.
ENTROIDO POÉTICO 2019
Como xa fomos publicando ao longo da semana, o Entroido deste ano está adicado, como non podía ser doutro xeito, á poesía.
Estamos desexando que chegue o día de mañá para ver ao noso alumnado representando a grandes poetas e escritores coma Rosalía de Castro, Gustavo Adolfo Bécquer, Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Virginia Wolf, etc...
Mentres chega ese momento, despedimos a xornada de hoxe cun futuro gran poeta que quere compartir con todos nós o seu poema adicado ao Entroido. Noraboa e moitas grazas, Kevin!!!
O pasado 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía, e dende o CEIP Gándara-Sofán quixemos facerlle a nosa particular homenaxe interpretando a súa fermosa “Alborada”. Poderedes vela picando na imaxe:
Xa está dispoñible na nosa canle de youtube o vídeo do Plan Lector do Día da Paz, no que, ademais da voz, empregamos a linguaxe de signos. Moitas grazas a Ricardo pola colaboración. Podedes velo premendo neste enlace.
E neste outro podedes ver a actuación do alumnado de 5º e 6º, que interpretaron Imagine, de John Lennon