Skip to Content

FOTOGRAFÍAS CON ARTE. VERSIÓN ALUMNADO

Xa está aquí o vídeo coas fotos que fixestes estas semanas nas vosas casas! Que traballos tan bonitos nos mandastes! Esperamos que non se nos colase ninguén. De ser así facédenolo saber para poder solucionalo! 

Moitas gracias a todos por participar! 

Trabalinguas (actualizados con novas incorporacións)

Aquí podedes escoitar os trabalinguas tan divertidos que enviastes estes días! Recoñecedes ós vosos compañeiros pola voz? mmmm algunhas son difíciles de adiviñar!

Deixoa aberta a novas incorporacións por se alguén que non participou, pero quedou con ganas ou non lle deu tempo, se anima máis adiante!

Espero que vos guste e vos animedes un pouco escoitando! Xa queda un pouco menos!

FOTOGRAFÍAS CON ARTE. VERSIÓN MESTRES

Os mestres/as do Gándara-Sofán desexamos que todo vos estea indo ben! E para animarvos un pouquiño fixemos unhas fotografías con moita arte! Esperamos que vos guste!

Día de Rosalía en Radio Sofán

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía realizando un maratón de poemas na radio, no que participou todo o alumnado de Educación Primaria.

Queremos dar as grazas ó grupo Evoéh por deixarnos usar a súa fermosa música.

Ademais, Roberto de 3º, quixo facer unha homenaxe especial coa súa propia versión de Negra Sombra.

3º EP entrevista a Sabela

O alumnado de 3º EP entrevista a Sabela, pola súa próxima viaxe a Malta xunto con outros dous mestres, pola nosa participación no programa Erasmus+

5º EP e o día da PAZ

O alumnado de 5º EP fálanos sobre o día da paz, e sobre todo o que aprenderon de Etiopía e o Premio Nobel da Paz.

Sofán News. Febreiro

Rematando febreiro, publicamos un novo número da nosa revista Sofán News! Neste caso con toda actualidade deste mes, novas entrevistas e xogos! Esperamos que vos guste!

Aproveitamos para recordarvos que tamén fixemos novos programas de radio (entrevistamos a Sabela, falamos sobre o día da paz, lemos a Rosalía...). Podedes escoitarnos na nosa canle de Ivoox. Os programas vanse incorporando no banner da marxe dereita da nosa web. Se non queredes perdervos ningún programa, subscribídevos á nosa canle!

by Dr. Radut