No mes de maio, como tódolos anos, conmemoramos o día das Letras Galegas. Desta vez, o autor homenaxeado foi Manuel María e os nenos e nenas de Educación Infantil aprendemos unha canción ben bonita baseada nun dos seus poemas. É un tema interpretado por Suso Vaamonde e titulado "Caracol Caracoleiro".
Interpretámolo xunto con todos os nenos e nenas do colexio e desfrutamos moito!! Podédelo escoitar premendo aquí!
Tamén vimos como os maiores cantaban, bailaban e tocaban para todos e todas nós!!
Un verdadeiro pracer, ARTISTAS!!
E Feliz día das nosas letras a todos e todas!!!