Dende a Biblioteca do cole, estase a desenvolver un proxecto que xira arredor da celebración do Ano Internacional das Legumes, neste 2016.
Por iso, todas as clases estamos a traballar en maior ou menor medida sobre esta temática.
Na clase de 3 anos, escollemos as xudías e os chícharos e arredor deles discorreu a nosa investigación e traballo...
Mirade algunhas fotos do que levamos feito!!!
Agora só nos falta agardar a que medren de todo nas nosas casas e logo comer as xudías ou chícharos do xeito que máis nos guste!!