Ao longo da semana do Entroido, foron moitas as experiencias que vivimos...
Desta vez celebrámolo homenaxeando a Xosé Neira Vilas, trala súa morte e tomando como referencia unha das súas principais obras: "Memorias dun neno labrego".
Fómonos disfrazando de labregos/as pouco a pouco, segundo nos indicaban os mandadiños (e Manolito)... e, como non, exercemos de labregos polo patio do colexio!!
Degustamos os deliciosos produtos típicos destas datas que as familias elaborastes e desfilamos para tod@s @s compañeir@s...
E tamén houbo tempo para o disfraz libre...
Grazas familias!!
Porque sen a vosa axuda e colaboración nada sería posible!!!