CELEBRAMOS O DÍA DO PEÓN

O venres día 6 de novembro, celebramos no centro o Día do peón.

O peón (peonza, trompo ou buxaina) é un xogo tradicional coñecido por todos/as e que, xa dende ben pequenos, esperta moito interese nos cativos.

Estivemos practicando dende uns días antes e, inda que non nos sae tan ben coma aos maiores, fixémolo bastante ben!!

 

Os finalistas de Educación Infantil foron Claudia de 4º de E.I., Lara de 5º de E.I. e Nico de 6º de E.I. Non gañaron na final, pero esforzáronse moito e fíxolles moita ilusión!!

 

Pemendo aquí, podedes acceder a un blog moi interesante no que descubrir a orixe do peón, diferentes xogos que se poden facer con el, ver vídeos de nenos manexándoo...

Esperamos que vos guste!!

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design