ASÍ QUEDEI CANDO ME CONTARON...

Con motivo da celebración do Samaín, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxemos unha actividade para os nenos e nenas da etapa de Educación Primaria.

Propuxémoslles que indagasen entre os seus familiares e veciños coa intención de buscar algunha lenda, conto ou historia relacionada co Samaín e a trouxesen escrita ao colexio para compartila con todos e todas. Tamén podían acompañar a historia dunha foto ou debuxo de como lles quedou a cara cando a oiron...

Estamos encantados coa resposta!!

Mirade o resultado!!! 

Damos as grazas unha vez máis ás familias pola vosa colaboración!!