Nestas últimas semanas, os nenos e nenas de 3 e 4 anos de Educación Infantil, estivemos facendo papel reciclado. Xa levamos unhas mostras para as nosas casas, pero agora se vos atrevedes, aquí vos deixamos todos os pasos para que o fagamos en familia.
Materiais: papel usado, auga, pintura de cor, recipiente, mantel de madeira, panos de tela, rodillo ou similar, espátula ou similar, batedora e purpurina.
1.- Recortamos papel e metémolo nun recipiente con auga ata que cubra o papel. Deixámolo repousar un par de días.
2.- Batemos ben batida a mestura e botámoslle pintura da cor que queiramos. Deixamos repousar un día.
3.- Botamos a pasta enriba dos manteis de madeira cuns panos por debaixo (cunha espátula ou similar).