AS 3 ERRES

Na aula de 5 anos traballamos as tres erres: reciclar, (para xerar novos productos a partir dos que xa non nos serven), reutilizar (darlle unha segunda vida os obxectos) e reducir  (consumir menos e gastar menos enerxía para disminuir o noso impacto no medio ambiente).

Para diferenciar estos termos fíxemos un mural, no que colocamos as imaxes no seu lugar correspondente, por exemplo a roupa en reutilizar, a auga en reducir e o papel en reciclar.

Reflectimos o aprendido no papel.

E por último, desfrutamos dun conto sobre reciclaxe!

Esperemos que vos animedes a aplicar as 3 R no voso día a día! Nos o faremos!


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design