O pasado xoves fomos o horto a plantar tulipáns coa axuda da profe Sofía. Cada un de nós plantou un bulbo de tulipán e despois regámolo. Pasámolo moi ben . Grazas Sofía!!
A mochila viaxeira tróuxonos máis información do traballo feito na casa.
Fiz enviounos unhas fotos das receitas que fixo coa súa familia, teñen moi boa pinta!!! Felicidades polo traballo!!!
Lucía enviounos fotos das actividades, estiveron plantando semillas de cabazas, pirixel e flores. Tamén fixeron unha grilanda con botellas de plástico vellas. Noraboa polo traballo en familia!!!
A semana pasada tocoulle levar a mochila viaxeira a Breixo. Deixámosvos unha proba do ben que o pasou facendo a receta do xeado de plátano.
A semana pasada celebramos o Día de Rosalía lendo un dos máis coñecidos poemas desta grande autora galega e fancendo unha carouta dela.
Izan mandounos unhas fermosas fotos sobre a mochila viaxeira. Fixo unha gran manualidade e unha tarta cunha pinta espectacular, que aproveitou para celebrar o seu aniversario. Moi ben!!!!
O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Lemos o libro "PARECE UNHA ROSA", cantamos o poema "Adiós ríos, adiós fontes" e fixemos unha careta.
MOCHILA VIAXEIRA
Xa temos os primeiros traballos que se fixeron coa nosa Mochila Viaxeira. Noa Antelo e Elena quixeron compartir con nós o ben que o pasaron cociñando e facendo as manualidades do libro de títeres.
ENTROIDO DE CINE
Chegou un ano máis a celebración da nosa festa favorita: O ENTROIDO! Este ano o tema foi o cine. Houbo personaxes para todos os gustos: Brancaneves, Jack Sparrow, O Rei León, Ninjas, Superheroes, Vilanas como Cruela de Vil... Despois rematamos a festa coa degustación de doces típicos desta época: filloas, rosquillas , orellas... Pasámolo moi ben !!!