Marzo 2020
Rutinas e normas
Estimadas familias:
Durante estes días non esquezades a importancia que teñen as rutinas e as normas para os vosos fillo/as.
Propoñémosvos a seguinte rutina diaria para que vos sirva de orientación:
En canto as normas "son actitudes, condutas ou accións, construídas e aceptadas socialmente, que van a facilitar a incorporación a sociedade e ao grupo, polo que en Infantil convertense en sostén e punto de partida para o resto de aprendizaxes".
Algunhas que traballamos nas nosas clases son:
Estos días insístidelles en que deben respetar aos demais, e tamén coidar e respetar os materiais que empregen.
Un Saúdo, o Equipo de Infantil.
Recomendacións para estes días
Bo día!
Como ben sabedes estes días debemos seguir unhas precaucións cos nenos e nenas.
O motivo polo cal non poden asistir ó colexio é para evitar contaxios, polo que:
- O mellor é que permanezan nas súas casas.
- Que non se reúnan con moitos nenos e nenas nin con persoas maiores ou persoas con enfermidades, na medida do posible.
- Que non vaian ós supermercados nin a tendas onde poidan tocar as cousas ou estar en contacto con moitas persoas descoñecidas.
Recordade ademais as recomendacións relacionadas coa hixiene:
- Lavar as mans con frecuencia, con xabón e durante varios segundos.
- Non tusir nas mans, senón na manga ou con un pano.
A partir do luns publicaremos xogos que podedes facer con eles nas casas sen necesitar materiais, vídeos de Youtube que lles gustan, posibles actividades que podedes facer con eles e elas relacionadas cos coñecementos da etapa...
Tende en conta que cada neno ten os seus ritmos, o importante é que nas casas collan autonomía.
Un saúdo, as titoras de infantil.