Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

6º de Educación Primaria

6º de Educación Primaria

SOLICITUDE DE ENDEREZO ELECTRÓNICO ( TODOS OS SEXTOS)

Traballo Ciencias Naturais 6º A, B e C. Venres 27

Venres 27 de marzo- Traballo para 6º A, B e C

E chegamos ao venres. Hoxe é un día distinto aínda que todos nos parezan iguais.

Primeiro poñeremos o traballo de matemáticas. Os usuarios e contrasinal para traballar con SNAPPET desde a casa. Van todos os contidos de fraccións, pero non é para que o fagades todo nun día. Son para repasar todo o aprendido pouco a pouco, cada un ao seu ritmo.

SNAPPET NA CASA 6º B.

Para os que non poidan traballar con Snappet uns pequenos acertixos de lóxica.

ACERTIJOS MATEMÁTICOS.

 

 Todos os sextos tiñades os venres a materia de Libre Disposición e cada quince días viña Raquel a falar con vós para que traballarades as emocións e para previr os acosos. Aqui tedes a sesión do venres 13, que non poido impartir porque foi voluntario vir e viñechedes poucos.

SESIÓN CON RAQUEL (6º A, B e C)

Todos os venres tíñamos Educación Artística os tres sextos. A miña proposta de hoxe é que fagades nun folio un deseño dun cartel dando as grazas ao persoal sanitario que está loitando contra o coronavirus,ou os que traballan para que nós teñamos todos os produtos que precisamos, ou un cartel de ánimo as persoas que están soas nestes momentos, seguramente que teñades visto moitos destes carteis, como o do Arco da Vella onde dí que todo vai saír ben. Pois un cartel deseñado por vós, cunha frase dando grazas ou ánimos, con cores e coa técnica que máis vos guste. Cando volvamos ao cole quero decorar os corredores con todos os vosos carteis. Ánimo. Non me defraudedes, sei que sodes grandes artistas.

 

listado SNAPPET 6C

Xoves 26 de marzo- Traballo para este día.

Trabajo de matemáticas del 7º día.

Trabajo de matemáticas del 5º día corregido.

Traballo de Ciencias Sociais 6º día.

Traballo de ciencias sociais do 4º día correxido.

Este é o derradeiro traballo deste tipo que poñemos. Para o venres traballaredes con SNAPPET os que queirades e para os que non teñan posibilidades de facelo lles poñerei un reto matemático para que intentedes solucionalo. Tanto o tema de matemáticas como o de Ciencias Sociais rematan aquí. Non pensedes que con iso rematades o traballo. O que sucederá e que faremos cousas novas. Ánimo, xa queda un día menos de encerro e se todos e todas estades ben, non hai nada máis que dicir. Bicos na distancia.

Distribuir contido


by Dr. Radut