Ola a tod@s!Espero que esteades moi ben e sigades tendo ganas de traballar un pouquiño desde a casa. Xa sabedes que temos que continuar este confinamento dúas semanas máis polo que vouvos mandar algunhas actividades para ir repasando na casa.
De Lengua trátase de facer un diario en castelán no que contedes as vosas vivencias e sentimentos desta situación.
De Galego consiste nun traballo sobre a biografía de Carballo Calero. A cada un/unha de vós tocouvos unha parte da súa vida da que vos tedes que informar, redactala e debuxala. Non pode ser máis grande que media carilla. Tamén lle tedes que dár cor. Mañá apareceravos o ficheiro para descargar a información e para saberdes que parte da vida do escirotor lle tocou a cada un de vós.
De Matemáticas tedes unha nova ficha de repaso que podedes facer aínda que pronto empezarei a explicar o tema novo (subiuna Xulio).
Ademais en snappet hai novo contido para que sigades repasando.
De ciencias subo as correccións das actividades que vos propuxen.
Xa que o tema 6 de naturais é moi faciliño e tamén é dos ecosistemas, pronto o empezaremos. Polo de agora ide correxindo isto e repasade das ciencias.