Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

4º de Educación Primaria

4º de Educación Primaria

Solucións segunda tarefa de C. Sociais

Terceira tarefa de Ciencias Sociais

Ola rapaces!

Como moitos nos estades dicindo que vades moi adiantados, decidimos subir hoxe a terceira tarefa de Ciencias Sociais.

Mañá as respostas. Bicos.

INFORMACIÓN SOBRE AS NOTAS

Mirade na páxina de inicio a información sobre a segunda avaliación.

Tarefa de matemáticas

Hoxe, luns 30 de marzo, imos empezar coa unidade 8 de matemáticas: as medidas de capacidade e de peso.

Primeiro lede a páxina 116 do libro e facede oralmente os exercicios da páxina 117.

Logo podedes visualizar o vídeo que se chama "Conversión de unidades de capacidade", como se estivéramos explicando as profes. Tedes o enlace aquí:

 https://www.youtube.com/watch?v=MHYrURizkUA

E por último facede os exercicios 1 ao 8 das páxinas 118 e 119 nunha  libreta ou nun folio.

Tedes dous días para facelos, o mércores poñeremos as solucións.

Ánimo, o estades facendo moi ben.

Segunda tarefa de Ciencias Sociais

Aquí vos deixamos a segunda tarefa deCiencias Sociais. 

Facede coma na primeira, ide copiando o resumo e logo pouco a pouco contestades ás preguntas.

Mañá poñeremos as solucións.

Tarefa de Lingua Galega

Respostas primeira tarefa de Ciencias Sociais

Ola rapaces!

Aquí tedes as respostas da primeira tarefa de C. Sociais.

O luns subiremos a segunda tarefa.

 

DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Queridas familias,

Dende o Departamento de Orientación queremos informarvos de que tedes á vosa disposición un documento con algunhas pautas e suxestións para traballar cos vosos fillos e fillas, especialmente con aqueles con necesidades específicas de apoio educativo. Podedes atopalo nesta páxina web no apartado de “Orientación”.

Así mesmo, contades con numerosos recursos e orientacións máis específicas para o alumnado que recibe apoio educativo por parte dos especialistas de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe nos apartados correspondentes.

 

Grazas pola vosa colaboración e moito ánimo

Outro vídeo das unidades de medida

Aquí vos poñemos outro vídeo que pode complementar o anterior sobre as unidades de medida de lonxitude. Tamén é moi sinxelo e se entende moi ben.

Miradeo e xa veredes!!

https://youtu.be/x6oqd27VIPE

Distribuir contido


by Dr. Radut