Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

TAREFAS MÉRCORES 3 DE XUÑO

Ola familias!!!! Hoxe vémonos no cole a partir das 10 e a partir das 11:30.

E para hoxe vos deixamos as fichas seguintes da letra Ñ para  lectoescritura e unha ficha  para rodear o número maior para matemáticas.

E non vos imos a deixar novas fichas online , porque xa creamos o caderno na aplicación liveworksheets, e nese caderno, de momento, están as fichas que levan feito ata o de agora, para que practiquedes coa aplicación e si lles apetece que as repitan para ir cubrindo o caderno; e tamén para que os que aínda non fixeron ou non nos enviaron ningunha que o poidan facer xa no caderno  do livewoksheets.

Cada día iremos engadindo algunha tarefa nova ao caderno.

RECORDAMOS AS INSTRUCCIÓNS PARA FACER AS FICHAS INTERACTIVAS NA PLATAFORMA LIVEWORKSHEETS

Nesta plataforma pódense facer fichas online e unha vez rematadas  tedes estas opcións:

 a)Comprobar as respostas inmediatamente por vós mesmos. Xa vos di ao instante as que tedes ben e nas que fallastes. 

b)  Enviar as respostas á mestras. Así as fichas feitas pólos nenos e nenas chegarannos a nós  e poderemos velas (pero non mandarvos as correccións). Neste caso, a páxina pediravos estes datos: o voso nome, curso, materia e o código do profesor, que é este:

Código de Ana: rl0nvg66d7

Código de Maria: clueeek2d1

Importante: se queredes que vos poidamos facer chegar as correccións tedes que rexistrarvos aqui:

https://www.liveworksheets.com na parte de arriba á esquerda, onde pon "acceso alumnos". Por defecto a lingua é o inglés, pero na parte superior dereita podedes cambiala a castelán.

O primeiro que vos pide é o código de grupo:  

para  4 anos A é este: buclsudkyf

para 4 ano B é este: vemhjzmtyx

Despois, para crear a conta pediravos:

·Nome de usuario

· Contrasinal

· Repetir contrasinal

· Nome completo

· Correo electrónico

Cando vos rexistredes, temos que aceptarvos e poderedes ver as fichas dende un caderno que creamos con estas fichas e as que vaiamos engadindo . (Tamén poñeremos  os enlaces na web para que as poidades facer sen rexistro).

 

AdxuntoTamaño
-5.pdf256 KB
-6.pdf67.6 KB
rodea el numero mayor (hasta 20).pdf22.17 KB


paxina_eq | by Dr. Radut