Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Actividades para o ALUMNADO DE APOIO en matemáticas 11/05/2020

Ola alumn@s, esta semana imos poñer en práctica o repasado a semana anterior.

 

+ Luns:

Practicamos as multiplicacións con esta actividade, van dende o máis sinxelo ata o máis difícil, pero co que practicamos a semana anterior non ides ter ningún problema.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/199/html/datos/05_rdi/U05/01.htm

 

+ Martes:

Realizamos o exame, son 10 preguntas. A diferenza das actividades do luns nestas multiplicacións hai levadas.

https://www.matesfacil.com/interactivos/primaria/multiplicar/2x1/php1.php

 

+ Mércores:

Repasamos a multiplicación pola unidade seguida de ceros. Recordade que simplemente o que temos que facer é engadir ceros ao número que estamos multiplicando. Exemplo: 7 x 1000 = 7000;  45 x 10.000 = 450.000

Se vos equivocades clicade en “pincha para que veas como lo hago yo” e o programa explicaravos como se realizan estas multiplicacións.

https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/todo_mate/usc/multipli/mult_usc_e_p.html

 

+ Xoves:

Facemos o exame da multiplicación por 2 cifras. Estas multiplicacións tamén son con levadas.

https://www.matesfacil.com/interactivos/primaria/multiplicar/2x2/php1.php

 

+ Venres: Facemos os enigmas matemáticos do PDF.

 

Iso é todo por esta semana alumn@s, unha forte aperta virtual a tod@s!

Xulio.

AdxuntoTamaño
Enigmas matemáticos 3º 15_05_2020 PDF.pdf744.38 KB


paxina_eq | by Dr. Radut