Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Modificación da Orde o 19 de maio. NOVO!
O martes 19 de maio publicouse no DOG a convocatoria de axudas. Enlace ao DOG
O prazo é do 20 de maio ao 19 de xuño, incluído.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado. Enlaces de axuda.
- Manual para as familias. Enlace
- Presentación electrónica, para facer a solicitude, clic aquí.
- Para presentación e entregar na sede electrónica da Xunta de Galicia. Enlace.
- Opcional, para presentación presencial: Anexo I e Anexo II da Orde de convocatoria. Do anexo son as catro primeiras páxinas.
- CITA PREVIA. Telf. 881880903
Documentación necesaria:
- Solicitude, Anexo I e II.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. Rógase traer copia de DNIs a maiores para facilitar a introdución dos datos no sistema.
- Sentencia xudicial en caso de separación ou divorcio.
- Certificado ou volante de convivencia, de ser o caso.
- Certificado de grao de discapacidade do alumno ou alumna ou de calquera membro da familia.
- Documento xustificativo de violencia de xénero, de ser o caso.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa de acollemento para o alumnado en tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Importante: Cando a documentación se presente no centro, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais.
Dos prazos de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no fondo solidario, das listaxes definitivas, da entrega dos libros do fondo e da emisión dos vales das axudas para libros e material informaremos máis adiante.