Skip to Content

CORRELINGUA 2019

Este ano o alumnado de 4º de Educación Primaria participará, o próximo venres, 3 de maio, no "Correlingua 2019", actividade na que participa alumnado de varios centros da provincia de A Coruña.

O "Correlingua" é unha actividade que consiste na realización dunha andaina a prol do uso do noso idioma baixo o lema "O Galego é a fórmula", buscando a normalización da nosa lingua entre a mocidade e a infancia.

O alumnado partirá dende Riazor, percorrerá o paseo marítimo e chegará ata a Torre de Hércules pasando pola praza de España, acompañado polo seu titor/a. O percorrido ten unha distancia de 3 km.

Despois haberá un acto festivo, para finalmente xantar e ter un tempo de xogo.

O alumnado virá ao colexio no seu horario habitual. Saldrá as 10:15. As 16:30 recollerao o autobús e chegará ao colexio as 17:00 h.

Os nenos e nenas que teñan actividades pola tarde poden incorporarse a súa actividade. En caso de no ter, haberá que recollelos as 5 da tarde.

Os nenos e nenas que usen servizo de comedor, o servizo de catering prepararalles unha bolsa con comida.

Os autobuses costan 176€, polo que cada familia debe achegar 3€ para este gasto.

 

Esperamos que os rapaces e rapazas xunto cos mestres e mestras disfruten da xornada.

 

 



blog | by Dr. Radut