Skip to Content

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOSO CENTRO!

              CEIP de GALÁN

         Código do centro: 15023041 

         Rúa Miguel de Cervantes, 21.

         15141- Oseiro (Arteixo)

         Teléfono: 881880903   Fax: 881880906

          E-mail:ceip.galan@edu.xunta.gal

AS NORMAS DE CONVIVENCIA DO CENTRO

Estimadas familias,

Queremos recordarvos a importancia de seguir as normas de convivencia do noso centro para garantir un ambiente respectuoso no que todas e todos se sentan ben.

Está en galego e en castelán. Serve de información a todas as familias e, en concreto, para as familias recén chegadas de nova incorporación ao noso centro.

Agradecemos a vosa colaboración para manter un clima escolar de convivencia positiva e constructiva.

Publicamos tamén os dereitos e deberes do alumnado, do profesorado e das familias.

 

 

AGRADECEMENTO Á ANPA E AO RESTO DE FAMILIAS POLA COLABORACIÓN NO MAGOSTO

Estimada ANPA,

Queremos expresar o noso agradecemento pola vosa colaboración aportando tamén castañas para o magosto. Esperamos seguir contando coa vosa colaboración en futuras ocasións.

Moitas grazas!

 

Ao resto das familias grazas polo voso apoio. Puidemos celebrar esta tradicional festa galega cunha excelente participación e alegría, o tempo ao final axudounos e o alumnado desfrutouno. Os cestiños para as castañas estaban moi ben elaborados e moi bonitos. 

Moitas grazas!

O equipo directivo e profesorado do centro

 

 

 

VOTACIÓNS PARA A ELECCIÓN REPRESENTANTES DAS FAMILIAS AO CONSELLO ESCOLAR

No adxunto accedede a circular informativa sobre o proceso de votación.

CELEBRAMOS O 25 N NO NOSO CENTRO

Estimadas familias:

O próximo 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Con motivo desta importante data, o noso colexio realizará unha serie de actividades para sensibilizar e concienciar ao alumnado sobre esta problemática.

Detalles do evento:

  • Data: 25 de novembro
  • Hora: A partir das 09:00 horas
  • Lugar: Aulas e Hall exterior do colexio

Actividades programadas:

1.      Campaña de vacinación contra a violencia de xénero: Realizarase unha campaña simbólica de vacina a todo o alumnado do centro.

2.   Camiño de zapatos: Construción dun camiño simbólico de zapatos de muller ou nena baixo o lema " 25N Semprevivas" referidas tamén ás flores ou plantas. Para esta actividade, solicitamos a vosa colaboración.

3.      Exposición de libros relacionados coa celebración na BE.

4.      Lectura dramatizada na Biblioteca.

5.      Elaboración dun mural/panel co lema 25N Semprevivas.

Solicitamos a vosa colaboración:

Para levar a cabo o camiño de zapatos, necesitamos que cada alumna ou alumno traia unha zapatilla blanca ou zapato de muller, preferentemente de cor morado. No caso de non dispoñer desa cor, pintaremos o calzado de morado.  Necesitamos tamén un flor de semprevivas para poñer un ramiño en cada zapato. Día 18 luns para comezar coa actividade.

Agradecemos de antemán a vosa participación neste acto simbólico de sensibilización.

Este evento pretende ser unha reflexión colectiva e un paso máis cara á erradicación da violencia contra as mulleres. Contamos con todas e todos vós para lograr un ambiente de convivencia máis respectuoso e seguro para todos.

Agradecendo a vosa colaboración, recibide un cordial saúdo.

Comisión de Convivencia, Equipo de Biblioteca e todo o profesorado do centro.

 

 

 

RESOLUCIÓN DEFINTIVA DE CENTROS SELECCIONADOS AGRUPACIONES CENTROS EDUCATIVOS 2024

Acabamos de recibir este correo,

 

Estimados participantes:

Se comunica que con fecha 11 de noviembre de 2024 ha sido publicada en la página Web del Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes la Resolución de concesión de la convocatoria de ayudas destinadas a promover agrupaciones de centros educativos para la realización y puesta en práctica de proyectos comunes que la sostenibilidad, la educación inclusiva y la innovación educativa. Convocatoria 2024.

 Que centros somos?

CEIP ISIDRO ALMAZÁN ( GUADALAJARA)

CEIP NTRA. SRA. DE LA ASUNCIÓN ( JUMILLA, MURCIA)

CEIP LAS MERCEDES ( SANTA CRUZ DE TENERIFE)

CEIP EDUARDO LUCENA ( CÓRDOBA)

CEIP de GALÁN ( ARTEIXO - CORUÑA,A)

Toda a información na ligazón de abaixo:

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/dam/jcr:fa56a6ae-d368-4916-b1f9-90aae63f700e/resoluci-n-concesi-n-agrupaciones-2024.pdf

 

 

33 RAZÓNS PARA LER

A lectura é unha das actividades máis enriquecedoras que podemos desenvolver. A continuación, presentamos 33 razóns polas que ler é tan importante e beneficioso:

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL CLUBS DE LECTURA

Ven de publicarse con data de 5/11/2024 a Resolución provisional de centros admitidos no programa Clubs de Lectura, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato,formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente,ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2024/25.

Pode consultarse esta nova na seguinte ligazón:  ( páxina 3, CEIP de Galán)

 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44939

Protocolo de funcionamento do comedor. ACTUALIZACIÓN

No adxunto publícase o protocolo de funcionamento do comedor escolar para dalo a coñecer a comunidade educativa do centro. Documento aprobado en Consello Escolar. Última actualización xuño de 2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut