Skip to Content

Novos protocolos de xestión epidemiolóxica

Estimadas familias:

Na situación actual, de alta transmisión da Covid pero cuns índices de contaxio dentro dos centros educativos moi inferiores ao resto de ámbitos de exposición, a Dirección Xeral de Saúde Pública confirmounos as novas pautas de actuación co fin de priorizar a presencialidade do ensino.

1. Os casos confirmados non deben acudir ao centro e deberán permanecer en illamento ata transcorridos 3 días do fin do cadro clínico e cun mínimo de 7 días dende o inicio dos síntomas ou dende o diagnóstico do caso asintomático. Tampouco deberán acudir á escola alumnado con síntomas compatibles coa COVID.

2. Unha vez rematado o illamento, nos tres días posteriores, extremaranse as precaucións, reducindo as interaccións sociais e evitando o contacto con persoas vulnerables.

3. Para a incorporación do alumnado ao grupo non é preciso aportar unha proba diagnóstica negativa nin un informe de alta.

4. Ante a aparición dun primeiro caso na aula e ata un total de 4 (ou o 20% do grupo) nun período de 7 días, non se realizará corentena do grupo (a excepción de alumnado con inmunosupresión)

5. En ningún dos escenarios actuais se recomenda realizar cribados masivos no centro escolar, a non ser que de forma excepcional o indiquen as autoridades de saúde pública.

6. Aínda que a organización e protocolo do centro segue a ser a mesma, facemos un chamamento á necesidade de reforzar todas as medidas preventivas.

Esperando que esta información facilite unhas pautas sinxelas e homoxéneas de actuación, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,

O equipo COVID do CEIP P. Froebel



Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

blog | by Dr. Radut