Skip to Content

XII Limpeza Simultánea de Praias

Estimadas familias:

Xeralmente as actividades complementarias preséntanse a través das galerías de imaxes, mais neste caso queremos difundir a nosa participación dentro da XII Limpeza simultánea de praias, convocada pola asociación ecoloxista Adega, polo impacto que tivo como actividade sensibilizadora.

Baixo o lema “Mares sen plástico, mares con vida” o noso alumnado de 5º desprazouse ata a praia de Lourido para comprobar como boa parte dos residuos que atopamos nelas son plásticos. Alén do seu impacto visual, supoñen un grave perigo para a flora e a fauna mariñas; nomeadamente para algunhas especies ameazadas como cetáceos, tartarugas ou aves mariñas, xa que inxiren plásticos confundíndoos con alimento. Tamén poden acabar enredados en bolsas, sacos ou redes que lles provocan graves lesións, dificultades para moverse e, finalmente, poden causar a súa morte.

Ademais, estes plásticos acaban desfacéndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes e que poden rematar nos nosos pratos, afectando directamente á nosa saúde.

A mellor maneira de actuar ante este problema é reducir o consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar.

O noso centro tamén decidiu botar unha man, pasando á acción directa e despois dunha mañá de convivencia retiramos desta praia máis de 20 quilos de plásticos e envases.

 

Finalmente, quixéramos mostrar o noso agradecemento ao Concello de Poio, na persoa de Manuel Domínguez, responsable de Medio Ambiente, que facilitou os contedores axeitados e achegouse ata a praia para transmitirlle o recoñecemento ao noso alumnado.

Deixamos algunhas imaxes desta xornada na galería da nosa web.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo.



Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

blog | by Dr. Radut