Skip to Content

Próximo campamento de inmersión lingüística

Estimadas familias:

Un dos nosos obxectivos educativos é a adquisición de competencias de traballo en equipo e o desenvolvemento de habilidades comunicativas na lingua inglesa.

Por este motivo dende o centro tentamos participar en programas de inmersión lingüística onde o alumnado poida compartir experiencias de aprendizaxe con profesorado nativo, á vez que desenvolven actividades físicas e de socialización.

De este modo, dende o día 1 ao 7 de outubro o noso alumnado poderá participar nun campamento no poboado dos Peares dentro do programa da Consellería “Dixital Week”. Durante estes días o alumnado realizarán actividades académicas, de tempo libre e obradoiros.

A actividade será gratuíta para o alumnado.

Co fin de darvos una información máis detallada convocamos unha xuntanza explicativa para o próximo martes día 19 ás 17:00 na aula de 6º de EP.

Esperamos contar coa vosa presenza e aproveitamos a ocasión para enviarvos un cordial saúdo,

 

 



Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

blog | by Dr. Radut