Skip to Content

Impacto da tecnoloxía na adolescencia. Claves para educar na era dixital.

Estimadas familias:

O próximo martes día 30 temos a oportunidade de manter un encontro co Doutor en Psicoloxía, Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela e Director Técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor, Antonio Rial Boubeta.

Dende as seis da tarde e durante un par de horas Antonio conversará acerca do gran impacto que están a ter as tecnoloxías da relación, información e comunicación nas vidas cotiás dos nosos fillos e fillas.

Lonxe de aportar máis ruído neste tema o que buscamos é facilitar un acompañamento nesta tarefa obrigada de tomar partido e orientar cara unha cultura do esforzo, sustentada nuns valores desexables como sociedade.

Co fin de ter unha previsión da asistencia agradeceríamos a confirmación a través do seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScmya2D-7p50Y7-P9Zj9XOexeNYVQFOmP0Fniq4xuzO_7QCrg/viewform?usp=sf_link

 Moitas grazas pola vosa colaboración e recibide un cordial saúdo,

AdxuntoTamaño
IMPACTO DA TECNOLOXÍA NA ADOLESCENCIA. CLAVES PARA EDUCAR NA ERA DIXITAL.pdf114.77 KB


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

blog | by Dr. Radut