Decembro: familias lectoras!
Rematamos este primeiro trimestre coa satisfacción de ter recuperada a presenza de familias para compartir cada fin de mes o noso tempo de lectura. Sabemos que non é fácil coincidir horarios, por eso valoramos tanto a posibilidade de contar coa vosa participación.
Consolidar o acto da lectura ten que ser unha labor compartida por todos e todas, pero as veces esquecemos que un feito tan simple coma vir ao centro supón un gran reforzo para o vínculo que creamos co hábito lector.
Moitas grazas pola vosa participación. Boas festas e vémonos á volta de Nadal.