Estimadas familias:
Co fin de que teñades toda a información sobre a xestións destes servizos, achegamos o documento onde se explica como renovar ou dar de alta no Plan Madruga así coma no comedor escolar.
Recórdannos que no caso de haber alerxias e/ou intolerancias deberán comunicalo e enviar o informe médico ao correo: info@arumeservicios.es
Do mesmo xeito que este curso todo xestionarase a través da App Cole chef. Na carta atoparán todos os pasos que as familias deben seguir para poder darse de alta nos servizos que actualmente temos no centro escolar.
A App estará dispoñible a partir do 15 de xullo finalizando o 2 de setembro para inscribirse como usuario/a habitual, pasada esa data soamente poderanse inscribir como usuarios/as esporádicos/as dos servizos para o mes de setembro.
Esperamos que esta información vos resulte de utilidade.
Recibide un cordial saúdo.
O equipo directivo