Skip to Content

Plan de adaptación á situación Covid

Estimadas familias:

Xa temos elaborado o documento onde se detallan todas as medidas preventivas co fin de protexer e previr o risco de contaxio por Covid.

Algúns dos cambios que imos a realizar neste curso:

-As aulas organizaránse en grupos de convivencia estable, mais o alumnado dos mesmos cursos poderán compartir espazos nos tempos de recreo sempre que a transmisión sexa moi baixa.

-Comezaremos a facer uso da biblioteca escolar, por quendas, para controlar o aforo da mesma.

-Os tempos de entradas e saídas, axustaranse a 5 minutos por cada grupo de alumnado (en vez de deixar os 10 minutos do pasado curso)

Todas os cambios na organización e funcionamento do curso están recollidos neste documento que debedes consultar antes do comezo das clases.

Finalmente, recordarvos que o uso de máscara será obrigatorio dende o momento en que cumpran os 6 anos de idade.

E, coma sempre, a petición de manter a máxima responsabilidade ante a aparición de calquera sintomatoloxía compatible coa Covid.

O xoves día 9 comezamos! Con entradas a diferentes horas, que o luns estarán detalladas na web, así coma nos taboleiros do Centro.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo.

 

 

Información básica sobre o novo Plan de adaptación á situación Covid

Estimadas familias, xa estamos traballando na adaptación do novo protocolo que ten publicado a Consellería de Educación e Sanidade para o próximo curso 2021-22.

Polo momento, non son moitas as novidades, aínda que confiamos nunha maior “normalidade” se a transmisión é moi baixa. Nos primeiros días de setembro teredes o documento completo, mentres deixamos unha información básica para o novo alumnado.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo.

 

INSCRICIÓN ALMORZOS E COMEDOR

A EMPRESA UTILIZARÁ PARA O CURSO 2021-22 UNHA APP QUE DEBEREDES DESCARGAR.

 

A INFORMACIÓN ESTÁ NESTE DOCUMENTO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2021-22

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS: O DÍA 5 DE XULLO. VER CALENDARIO

 XA ESTÁN PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS

A ENTREGA DE VALES E/OU LIBROS FARASE ENTRE O 14, 15 E 16 DE XULLO, DE 10 A 12,00 H.

OS QUE NON O RECOLLERON PODERÁN FACELO NA PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO, NO MESMO HORARIO, DE 10,00 A 12,00 H.

Detectado erro na listaxe de libros de 1º de primaria, xa que son tres trimestres e constaba só un. Agora xa está actualizado:

LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 21-22

 

ORDE

SOLICITUDE

INFORMACIÓN

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut