Skip to Content

A horta do Froebel xa está en marcha!

Hoxe queremos presentarvos esta iniciativa da ANPA que xa é unha realidade: o noso alumnado está participando na creación e mantemento da horta escolar.

Este proxecto parte coa idea de promover e sensibilizar sobre a importancia dos procesos de plantación e cultivo; tendo sempre presente que a observación, a exploración, a experimentación e a paciencia son virtudes que se poden desenvolver dun modo lúdico e relacionado cos hábitos beneficiosos para a saúde.

Todos e todas estamos moi ilusionados co traballo que se está realizando e cos primeiros pasos que se están a dar nesta zona recuperada do centro. Os nosos parabéns!

Mais fotos na galería do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=134

Un saúdo dende o Equipo directivo.

Distribución de máscaras entre o alumnado

Estimadas familias:

Na Orde do 28 de outubro de 2021 regúlanse os criterios e o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en centros públicos.

As máscaras distribuiranse entre o alumnado pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000€, que foi o limiar de referencia para ter dereito á axuda para adquirir material escolar neste curso escolar.

Polo tanto, recibirán as máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito.

O prazo de solicitude para alumnado non beneficiario da axuda de material é ata o día 26 de novembro.

Eleccións ao Consello Escolar

De conformidade co establecido na Resolución conxunta do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Ordenación de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.

Na elección deste ano terán que nomearse tres novos representantes e na reunión da Xunta Electoral celebrada o 2 de novembro, decidiuse que o prazo de presentación de candidaturas será: do 9 ao 16 de novembro.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán solicitar un impreso no centro. Ademais tamén está exposto o censo electoral, para que poidan comprobar se os datos están completos (DNI).

Animámolos a que presenten as súas candidaturas para poder participar así na vida escolar do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.

O equipo directivo

 

3º Outono fotográfico

Estimadas familias:

Pouco a pouco, o noso "Outono fotográfico" vai medrando co paso da estación.

Con esta iniciativa queremos animarvos a que nos contedes e nos ensinedes como aproveitades esta época do ano para reivindicar a importancia do tempo de lecer en contacto coa natureza.

Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut