Skip to Content

Actuación da Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro

 

Este venres día 18 puidemos contar coa actuación da Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro e do grupo de pandereteiras “Lagharteiras”.

(Click na imaxe)

Unha actuación que foi a parte final do obradoiro realizado polos grupos de 5º e 6º de EP, co fin de aprender e coñecer como é o baile e a música tradicional galega da man desta asociación que busca a promoción do noso patrimonio cultural.

 

Ademais, supón a satisfacción de volver a ver unha actividade conxunta dous anos despois do comezo da crise sanitaria; obviamente seguimos dependendo das indicacións recollidas no Plan de adaptación á situación Covid para as actividades complementarias pero xa foi un gran avance.

 

Deixamos unha pequena galería coas fotos desta xornada e co vídeo da actuación.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=152

Esperamos que vos guste tanto coma a nós.

Recibide un cordial saúdo,

 

18 de marzo – Obradoiro de música tradicional

Estimadas familias:

Este venres o alumnado de 5º e 6º de primaria participará nun obradoiro de música tradicional en colaboración coa Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro e co grupo de pandereteiras “Lagharteiras”.

A Agrupación folclórica Santa Columba de Ribadelouro leva máis de 50 anos sendo un referente na conservación e divulgación da música e baile tradicional galego. Na mesma liña, as “Lagharteiras”, que veñen dende Mos, tamén teñen unha longa traxectoria no proxecto de dignificar o patrimonio cultural galego.

Durante esta xornada os distintos grupos aprenderán bailes e melodías coma continuidade do traballo realizado na área de música e, ao remate da xornada, haberá unha actuación do grupo de baile e das pandereteiras. 

Esperando que sexa de interese esta nova iniciativa, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,

 

O equipo de dinamización da lingua galega.

Proceso de admisión de alumnado para o curso académico 2022-2023: Instrucións e prazos

Estimadas familias:

Dende o 1 de marzo ata o 21 de marzo, ambos incluídos, ábrese o prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión de alumnado do curso 2022/2023 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos.

Este procedemento ven regulado polo Decreto 132/2022, do 3 de febreiro e pola Orde do 12 de marzo de 2013 (aplicable en todo aquelo que non contradiga o novo decreto aprobado)

As solicitudes poderanse presentar:

- Cubrindo os formularios na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ e presentándoos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoña de certificado dixital ou de Chave365

- Presentando a solicitude de forma presencial, en horario de secretaría. Os formularios poderanse recoller en conserxería así coma na dirección: https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

Maís información en: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action e no propio taboleiro do centro.

Un cordial saúdo,

 

Pedro M. Mariño Rivadulla
Director do CEIP P. FROEBEL

Rúa Xeneral Martitegui, 3
36002 Pontevedra
886159531
ceip.froebel@edu.xunta.gal
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/


Vacantes que se ofertan no Proceso de Admisión para o Curso 2022-23

Estimadas familias:

O vindeiro martes, día 1 de marzo, comeza o proceso de admisión de alumnado para o curso 22/23. Por este motivo, nos próximos días iremos presentando toda a información necesaria no taboleiro do centro así coma nesta páxina web.

Comezamos coa oferta de prazas:

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo.

 

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut