Skip to Content

Decembro: familias lectoras!

Rematamos este primeiro trimestre coa satisfacción de ter recuperada a presenza de familias para compartir cada fin de mes o noso tempo de lectura. Sabemos que non é fácil coincidir horarios, por eso valoramos tanto a posibilidade de contar coa vosa participación.

Consolidar o acto da lectura ten que ser unha labor compartida por todos e todas, pero as veces esquecemos que un feito tan simple coma vir ao centro supón un gran reforzo para o vínculo que creamos co hábito lector.

Moitas grazas pola vosa participación. Boas festas e vémonos á volta de Nadal.

Último venres de mes: familias lectoras

Un venres máis puidemos contar coa colaboración de “familias lectoras” na presentación dos vosos libros preferidos dentro da hora de ler.

Sabemos que non é fácil cadrar os horarios cos tempos de lectura, por eso agradecemos o esforzo que facedes nesta tarefa conxunta de promoción da lectura.

Esperamos contar no próximo mes con novas participacións e aproveitamos a ocasión para mostrarvos o noso agradecemento por esta xornada chea de libros.

Un cordial saúdo,

Eleccións ao Consello Escolar: candidaturas definitivas

 

Estimadas familias:

Dende o día de hoxe están expostas nos taboleiros do centro as listaxes coas candidaturas definitivas para a elección de representantes no Consello Escolar.

Aproveitamos para recordarlles que o martes 29 realizaranse as votacións para todos os sectores co seguinte horario:

De 9:15 a 10:30 e de 12:45 a 13:45 pola mañá e de 16:30 a 17:30 en xornada de tarde.

Esperando contar coa vosa participación, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut