Estimadas familias:
Ante a situación de obras no interior do patio non será posible recibirvos neste comezo de curso, como viñamos facendo nos últimos anos.
Nas entradas accederá soamente o alumnado, exceptuando os nenos e nenas que se incorpora na etapa de infantil e que teñen un período de adaptación. As reunións de comezo de curso programaranse dende o mes de setembro e recibiredes información puntual das súas convocatorias.
Presentamos agora a organización das entradas e saídas a seguir mentres non estean rematados os traballos na cuberta.
Entradas
- Grupos de 4º de infantil, 5º de infantil e 6º de infantil: Poderán entrar na zona cuberta de acceso ao centro. O alumnado de 3 anos seguirá as quendas establecidas no período de adaptación.
- 1º e 2º de primaria: Estarán na beirarrúa de Xeneral Martitegui agardando a que toque o timbre e se lles chame para acceder de xeito ordenado pola entrada de infantil. Nestes primeiros días haberá carteis para que cada grupo saiba onde agruparse e profesorado axudando nas entradas.
Temos que xestionar as entradas deste xeito xa que o acceso de infantil está condicionado pola limitación de espazo como poderedes ver.
- Grupos de 3º, 4º, 5os e 6º de primaria: Agardarán na praza de Concepción Arenal, agrupados co seu curso. A entrada realizarase pola porta principal de madeira.
Tamén haberá carteis identificando a cada nivel e profesorado para axudar á organización.
Saídas
Á hora de recoller ao alumnado seguiremos a mesma estrutura:
- Infantil e alumnado do 1º ciclo de primaria entregaranse na porta negra por grupos, comezando pola etapa de infantil.
- 2º e 3º ciclo de primaria sairán acompañados co profesorado que lle corresponda á Praza Concepción Arenal.
Confiamos en que a choiva nos respecte nestes primeiros días para ter unha maior axilidades nos accesos ao centro.
Moitas grazas pola vosa colaboración. Un cordial saúdo,
O equipo directivo.