Skip to Content

Vacantes previstas para o próximo curso

O próximo día 1 de marzo comeza o proceso de admisión nos centros. Por este motivo achegamos unha previsión das prazas dispoñibles para o curso 2023-24 e recordamos que o martes 14 e 28 deste mes serán as xornadas de portas abertas. Ás 17:00 para alumnado que se incorpore na etapa de infantil e ás 18:00 para alumnado da etapa de primaria.

Un cordial saúdo,

 

Xaneiro: familias lectoras

Último venres do mes e compartimos tempos de lectura.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

(Acceso á galería facendo clic na imaxe)

 

Próximas xornadas de portas abertas

Estimadas familias:

De acordo coa lexislación vixente que regula a admisión de alumnado para o curso académico 2023-2024 (Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022) o prazo para as solicitudes ordinarias de admisión será do 1 ao 20 marzo de 2023.

Por este motivo creemos axeitado realizar unhas xornadas de portas abertas co fin de que coñezades de primeira man as características do noso proxecto educativo e para mostrarvos unha guía básica coa información do centro.

Proximamente concretaremos o número de vacantes dispoñibles pero xa podemos anunciar que serán os días 14 e 28 de febreiro, ás 17:00, as datas escollidas para esta presentación.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

 

Solicitude de praza reservada a alumnado procedente de centros adscritos

Estimadas familias:

Dende este luns día 16 de xaneiro ata o día 6 de febreiro queda aberto o prazo para a reserva de praza no alumnado procedente de centro adscrito. A nós correspóndenos o IES Sánchez Cantón.

Toda a información referida a este procedemento está dispoñible a través da aplicación: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

Poderán cumprimentar as solicitude de reserva:

-       De xeito manual. Empregando o formulario en papel.

-       A través da aplicación. Solicitudes > Reserva > Crear

 

 Esta solicitude deberá presentarse:

-       No centro educativo.

-   A través de sede electrónica (precisarase Chave 365 ou certificado dixital). Sendo esta a canle preferible de presentación.

 

O comportamento da aplicación será diferente se se cubre estando identificado ou non:

-       Familias/usuarios sen identificar: Introducirán todos os datos. Premerán no botón de Crear, aparecendo unha mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro.

-       Familias/usuarios identificados: Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo.

 

As dúbidas que poidades ter serán resoltas dende secretaría, dentro do horario que temos establecido. 

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut