Skip to Content

23 de febreiro: Día de Rosalía

Este xoves e venres conmemoramos o 186 aniversario do nacemento da ilustre escritora Rosalía de Castro. Realizamos lecturas de poemas, ambientamos o noso centro co póster desta celebración e repartimos os marcapáxinas para todo o alumnado.

Tamén quixemos gravar os nosos primeiros vídeos coa pantalla croma e aprendemos a editalos. Achegamos un enlace con estes traballos, aínda que nos próximos días iremos subindo algunha nova colaboración: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=208

Saúdos!

Entroido no Froebel

("Click" na imaxe para acceder ás fotos)

O Entroido xa está con nós: disfraces, máscaras, bailes e moita diversión.

Achegamos unha pequena galería da parte final desta festa. Esperamos que vos gusten e recordade que as actividades lectivas retomaranse o xoves 23 de febreiro.

Un saúdo!

 

Vacantes previstas para o próximo curso

O próximo día 1 de marzo comeza o proceso de admisión nos centros. Por este motivo achegamos unha previsión das prazas dispoñibles para o curso 2023-24 e recordamos que o martes 14 e 28 deste mes serán as xornadas de portas abertas. Ás 17:00 para alumnado que se incorpore na etapa de infantil e ás 18:00 para alumnado da etapa de primaria.

Un cordial saúdo,

 

Xaneiro: familias lectoras

Último venres do mes e compartimos tempos de lectura.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

(Acceso á galería facendo clic na imaxe)

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut