Skip to Content

Spring Week 2023

 Estimadas familias:

O noso centro é un dos 21 seleccionados para  participar no Programa de inmersión lingüística Spring Week que se realizará en Os Peares dende o 4 ao 10 de xuño.

https://centropeares.es/springweek/

Serán seis días nos que o alumnado poderá mellorar a súa competencia lingüística a través de diferentes obradoiros e xogos para promover a convivencia.  Por este proxecto concedéronos o máximo de 25 prazas que deberemos definir nos próximos días. Por este motivo, achegamos o documento coa descrición detallada das actividades, horarios e material que precisarán para estes días.

Tanto a estancia coma o transporte do alumnado serán gratuítas para o alumnado.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

Solicitude de Admisión

 

Dende o día 1 de marzo ata o día 20, estará aberto o prazo para realizar a solicitude de admisión nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Achegamos enlace co acceso á aplicación admisionalumnado así como o impreso para realizar dita solicitude.

Toda a documentación tamén estará dispoñible na conserxería do centro.

As solicitudes poderán presentarse a través de Sede Electrónico ou presencialmente.

(Engadimos o horario de secretaría nestes días de admisión)

 Horario de secretaría
 
Luns:  9:55 a 10:45 h.
Martes:   13:10 a 14:00 h e de 17:00 a 18:00
Mércores:  9:15 a 9:55 h.
Xoves:  9:15 a 9:55 h.
Venres:  9:15 a 9:55 h.

 

Un saúdo,

O equipo directivo

Martes 28 de febreiro: xornada de portas abertas

De acordo coa lexislación que regula a admisión do alumnado para o curso 2023-24, o prazo para as solicitudes ordinarias de admisión será do 1 ao 20 de marzo de 2023.

Por este motivo, este martes ás 17:00 realizaremos unha segunda xornada de portas abertas para que coñezades de primeira man as características do noso proxecto educativo e os diferentes servizos que ofrece o centro.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

Obradoiro musical con Diana Tarin

 

("Click" na imaxe)

Este venres día 24 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de primaria puido participar nun obradoiro de voces afroamericanas coa cantante Diana Tarin.

Como xa sabedes, un dos nosos proxectos máis fortes deste curso xira arredor da Saúde, con varias liñas de traballo e onde non podía faltar a música. Porque cantar pode ser moi beneficioso para a saúde física e mental: mellora a respiración, reduce o estrés e a ansiedade, mellora a concentración e a memoria, e promove a socialización entre outros beneficios.

E que mellor modo de practicalo que nun encontro coa educadora Diana Tarín, onde a través dun traballo de fusión musical aplicamos distintas actividades de práctica vocal e rematamos cun tema a coro entre todos e todas.

Achegamos algunhas imaxes desta proposta que esperamos repetir próximamente.

Saúdos!

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut