Skip to Content

blogue deEDLG

Actuación da Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro

 

Este venres día 18 puidemos contar coa actuación da Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro e do grupo de pandereteiras “Lagharteiras”.

(Click na imaxe)

Unha actuación que foi a parte final do obradoiro realizado polos grupos de 5º e 6º de EP, co fin de aprender e coñecer como é o baile e a música tradicional galega da man desta asociación que busca a promoción do noso patrimonio cultural.

 

Ademais, supón a satisfacción de volver a ver unha actividade conxunta dous anos despois do comezo da crise sanitaria; obviamente seguimos dependendo das indicacións recollidas no Plan de adaptación á situación Covid para as actividades complementarias pero xa foi un gran avance.

 

Deixamos unha pequena galería coas fotos desta xornada e co vídeo da actuación.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=152

Esperamos que vos guste tanto coma a nós.

Recibide un cordial saúdo,

 

18 de marzo – Obradoiro de música tradicional

Estimadas familias:

Este venres o alumnado de 5º e 6º de primaria participará nun obradoiro de música tradicional en colaboración coa Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro e co grupo de pandereteiras “Lagharteiras”.

A Agrupación folclórica Santa Columba de Ribadelouro leva máis de 50 anos sendo un referente na conservación e divulgación da música e baile tradicional galego. Na mesma liña, as “Lagharteiras”, que veñen dende Mos, tamén teñen unha longa traxectoria no proxecto de dignificar o patrimonio cultural galego.

Durante esta xornada os distintos grupos aprenderán bailes e melodías coma continuidade do traballo realizado na área de música e, ao remate da xornada, haberá unha actuación do grupo de baile e das pandereteiras. 

Esperando que sexa de interese esta nova iniciativa, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,

 

O equipo de dinamización da lingua galega.

Día Internacional da Lingua Materna

Hoxe, 21 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Lingua Materna.

A diversidade lingüística atópase cada vez máis ameazada. Cada dúas semanas, como promedio, unha lingua desaparece, levándose coa sua desaparición todo un patromonio cultural e intelectual.

Dende o centro, queremos celebrar este día e fomentar o coidado e conservación da nosa lingua propoñéndovos un xogo para toda a familia, sodes quen de atopar as verbas galegas máis axeitadas para cada ocasión?

 

 

Mandadiño Entroido 2022

Luns

Martes

 Mércores

Xoves

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut