Skip to Content

'


Eleccións ao Consello Escolar. Votacións

A continuación presentamos a información coas candidaturas definitivas e horarios de votación do martes día 19.

 

Plan Dixital de centro

 

Achegamos o enlace á plataforma Educalidade onde aparece recollido o noso Plan Dixital para este curso 24/25:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=133&codCentro=36006407

 

 

 

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA:

De conformidade co establecido na Resolución conxunta do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.

 Segundo o Artigo 2º da citada Resolución as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 18 e 22 de novembro de 2024.

 Na reunión da Xunta Electoral celebrada en 22 de outubro, decidiuse que o prazo de presentación de candidaturas será do 30 de outubro ao 11 de novembro e o día 19 as votacións en tódolos sectores. Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán solicitar un impreso no centro.

O censo electoral xa se pode consultar no taboleiro interior do centro, para que poidan comprobar se os datos son correctos e presentar as posibles reclamacións ata o día 30 de outubro.

 Animámolos a que presenten as súas candidaturas para poder participar deste modo na xestión do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.

 Pontevedra, 23 de outubro de 2024.

 

O director,

Pedro M. Mariño Rivadulla

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut