Xogos educativos on-line
Aquí vos damos acceso a uns poucos xogos en liña por se queredes disfrutalos sen ter que baixar nada. Premede no enlace correspondente para xogar.
TANGRAM Versión para PC do popular xogo do tangram cedido amablemente por Manuel Díaz Regueiro, de AGAPEMA. Ten varios niveis de dificultade e inclúe solucións para tódalas figuras. Fácil manexo a base de rato. Fai clic no gráfico e elixe "Abrir" ou "Ejecutar" para comezar a xogar. |
|
A RAPOSA E AS SARDIÑAS Pequeno conto interactivo elaborado coa aplicación Ardora e dirixido a nenos do 1º ciclo de primaria. Unha vez lido e/ou escoitado poden facerse unha serie de actividades de comprensión lectora. É necesario ter instalado o plug-in de Java. Fai clic aquí abixo na resolución do teu ordenador para comezar: |
|
OS ANIMAIS INVERTEBRADOS (GALEGO) Aplicación JClic que consta de máis de 20 actividades para traballar o tema dos animais invertebrados. Clasificación, características, exemplos,... Dirixida ó 3º ciclo de primaria ou 1º ciclo da ESO. É necesario ter instalado o plug-in de Java. Fai clic no gráfico para comezar a xogar. |
|
LOS ANIMALES INVERTEBRADOS (ESPAÑOL) Aplicación JClic que consta de más de 20 actividades para trabajar el tema de los animales invertebrados. Clasificación, características, ejemplos,... Dirigida al 3º ciclo de primaria ó 1º ciclo de ESO. Es necesario tener instalado el plug-in de Java. Fai clic no gráfico para comezar a xogar. |
|
A ESTRELIÑA DO NADAL Pequena aplicación JClic que nos presenta un conto de Nadal con imaxes e sons que gustará ós máis pequenos da casa. En galego. É necesario ter instalado o plug-in de Java. Fai clic no gráfico para comezar a xogar. |
|
ORTOGRAFÍA DA LINGUA GALEGA Un extraordinario programa de ortografía para que os rapaces aprendan a escribir correctamente máis de 1.000 palabras da nosa lingua. Fai clic no gráfico para comezar a xogar. Fai clic AQUÍ se queres descargar o programa para instalalo no teu computador. |
- APIs de Blogue