O xoves 3 de abril os/as nenos/as de 3º de primaria e o martes 8 de abril os nenos e nenas de 4º fomos de excursión ao Centro de Artesanía Tradicional (CAT), para ver unha demostración de cestería e participar nós tamén.
A cestería é a arte de transformar e tecer diversos tipos de fibras vexetais co fin de cubri-las necesidades de transporte, almacenamento, vestido, vivenda ou ferramentas de traballo do ser humano.
As materias primas utilizadas son madeiras de : carballo, castiñeiro, salgueiro, freixo, bidueiro, cerdeira. Utilízanse pallas de centeo, trigo e avea. Tamén se empregan canas e xuncos.
Fixemos de cesteiros, a continuación podes ver uns videos do ben que o facíamos
Decirvos tamén que o CAT está preto do Concello de Vigo onde se ven restos da antigua muralla de defensa da cidade.
¡Aprendemos moitas cousas!