Como xa coñecedes, existen catro famosos concertos de Antonio Vivaldi que nos describen situacións que se suceden ó longo do ano.
Nesta ocasión, escoitamos o segundo movemento do Inverno, no que a melodía do violín solista (Anne Sophie von Mutter) está acompañado polas pingas de auga, interpretadas polo pizzicatto dos restantes instrumentos de corda.
Esta magnífica versión está dirixida por Herbert von Karajan.
Escoitaa e descubre os seus segredos!
Fantástica interpretación, verdade?
Pero... sabes cal é ese instrumento que soa e que non se ve...? Nesta época, a orquestra de corda ía acompañada dun instrumento de corda punzada chamado clave, clavecín, clavicordio ou clavicembalo. Este instrumento ía facendo o acompañamento do baixo.
Infórmate sobre este instrumento no seguinte enlace:
Escoita a una clavecinista falarnos do instrumento e tocar.