Por desgracia, un ano máis temos que celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O único que podemos facer mentras esta lacra siga existindo é concienciar e denunciar. Iso é o que pretendemos co material que presentamos a continuación.
Ogallá que o ano que ven non teñamos que celebrar esta data!
Os contos son máis que contos. Fálannos da vida, e, como nas fábulas, podemos extraer deles moitas moralexas.
Quen non coñece o conto da Cincenta? Un mundo feliz e de color rosa no que príncipe e princesa consorte rematan sendo felices e comendo perdices. Pero, moitas veces, detrás desa apariencia rosada, o día a día é gris, doloroso e cincento. Ademáis, sempre atopamos múltiples razóns para non saír dese "fango" que nos aprisiona.
Presentámosvos agora este conto que nos chegou o curso pasado a través dos nosos colegas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Lédeo atentamente, e, despois de reflexionalo, pensade e debatide que ten que ver coa Violencia de Xénero.
O seguinte enlace preséntanos 35 cancións coas súas letras e imaxes, todas elas moi axeitadas:
http://enclavededo.org/exposicion.php
Ó longo da mañá estivemos traballando e aprendendo algunhas das cancións do enlace anterior, utilizando a "linguaxe internacional de signos" como vehículo de comunicación tanto nas clases de lingua inglesa como de linguas galega e castelá.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
la_princesa.pdf | 1.7 MB |