Skip to Content

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Lazo conmemorativo do Día contra a Violencia de Xénero
 
 
Por desgracia, un ano máis temos que celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O único que podemos facer mentras esta lacra siga existindo é concienciar e denunciar. Iso é o que pretendemos co material que presentamos a continuación.
 
Ogallá que o ano que ven non teñamos que celebrar esta data!
 
 
Os contos son máis que contos. Fálannos da vida, e, como nas fábulas, podemos extraer deles moitas moralexas. 
 
Quen non coñece o conto da Cincenta? Un mundo feliz e de color rosa no que príncipe e princesa consorte rematan sendo felices e comendo perdices. Pero, moitas veces, detrás desa apariencia rosada, o día a día é gris, doloroso e cincento. Ademáis, sempre atopamos múltiples razóns para non saír dese "fango" que nos aprisiona. 
 
Presentámosvos agora este conto que nos chegou o curso pasado a través dos nosos colegas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Lédeo atentamente, e, despois de reflexionalo, pensade e debatide que ten que ver coa Violencia de Xénero.
 
 
A princesa que non quería comer perdices 
 
 
O seguinte enlace preséntanos 35 cancións coas súas letras  e imaxes, todas elas moi axeitadas:

http://enclavededo.org/exposicion.php

Ó longo da mañá estivemos traballando e aprendendo algunhas  das cancións  do enlace anterior, utilizando a "linguaxe  internacional de signos" como vehículo de comunicación tanto nas clases de lingua inglesa como de linguas galega e castelá.
 
 

AdxuntoTamaño
la_princesa.pdf1.7 MB


page | by Dr. Radut